R.D.C.ASAMBLEA

Sunday, April 29, 2007

CANCIÓN-MANIFESTO Nº 4

A NAI QUE OS VOTOU


FELIPE DIXO "OTAN
DE ENTRADA NON"
VOTEINOS CUNHA PINZA
NO NARIZ, XURO-VO-LO
E LOGO CO VOTO MEU
NA OTAN NOS METEU
NUNCA MÁIS OS VOTEI EU

NON VOTO, EU NON VOTO
ESTOU FARTO, MEU AMOR
MENTIRAS E ENGANOS
SEMPRE DIN O QUE NON SON
ESTE É O SEU SISTEMA
E VIVE DO TEU VOTO
EU NON VOTO, MEU AMOR

O PCE COA SUA FOUCE
E O SEU MARTELO EN BERMELLO
REPUBLICA SOCIAL
E BANDEIRA TRICOLOR
VOTEINO POR HERNÁNDEZ
E POR FODER AQUEL CABRÓN
E LOGO LEVANTABAN
A BANDEIRA DE FRANCO
E BICABAN AO BORBÓN
NUNCA PREGUNTAN
CAPITALISMO OU SOCIALISMO
OU SI QUERES A REPÚBLICA
OU A COLECTIVIZACIÓN
SI QUERES A INDEPENDENCIA
PARA A NOSA NAZÓN
AI! A NAI QUE OS BOTOU

O BLOQUE VIU DECINDO
QUE SOMOS UNHA NAZÓN
QUE TEREMOS UN ESTADO
UNHA FRONTEIRA E A DE DEUS
E LOGO O PAQUIÑO
A MADRID CONTENTO FOI
XURAR A CONSTITUCIÓN

BANDEIRAS PALESTINAS
VINTECINCO DE XULLO
E TEÑEN AOS SIONISTAS
DENTRO DA ORGANIZACIÓN

SEMPRE PENSEI QUE ESTABAN
NUN TOMO DE SIGMUN FREUD
NON CRIN QUE VIVIRAN
TODOS XUNTOS EN CONXO

É DE TOLOS MEU AMOR

NON VOTO, EU NON VOTO
ESTOU FARTO, MEU AMOR
MENTIRAS E ENGANOS
EU NON SON PARVO, AMIGOS
SE DOU MEU VOTO PARA VIVER
NECESITADOS SON
XA PODEN IR MORRENDO


MANIFESTO Nº 3

POVOS SEDUCIDOS, POLÍTICOS INFIEIS E PROMESAS VIOLADAS

A NAI QUE OS VOTOU!!!!



ELEIZÓNS ¿A QUÉ?
-TANTO TEN


Un povo crendo nos contos de amor, fermosos contos de amor.

“Viviremos felices”, “amareite sempre”, “entregareime a ti”, “eu serei o teu sustento”, “serei o teu apoio, no bó e no malo, na adversidade e na bonanza, no traballo e na xubilación”. “Curareite na enfermedade” “daraeche cobixo”, “encherei a túa mesa”, “educarei aos teus fillos”, “terás paz e xustiza”.
“Cásate comigo, vótate comigo, “úrnate conmigo”, “vótame”, “ámame”, “apóiame”, “poténciame”, “viágrame”, “concéllame”, “parlaméntame”, “alcáldame”, “minístrame”, “burócratame”, “págame un soldo vitalicio”

¿Votáchesme, amor?
¿Abríchesme a túa urna para meter o meu voto?
Agora date a volta que vas ver por onde che meto as promesas que che fixen.

Ahí te quedas, traballando para min, chorando as miñas mentiras, maldecindo a túa fe. Xurando que nunca máis me crerás, me amarás, me votarás, me alcaldearás, me pagarás.

Pero dentro de catro anos volverás crerme, volverás amarme, volverás votarme, volverás chorarme cando volva enganarte.

Porque eres imbécil. Porque cres que eu son a túa salvación e non a túa desgracia. Porque pago moito diñeiro a homes moi listos para que te seduzan coas miñas mentiras.

Sábelo. Enganareite cando queira, as veces que queira.
Nunca aprenderás.
Só sirves para chorar e ser enganad@.
Es tont@. Indolente.
Porque no fondo sabes que eu non son a túa salvación. Pero tes medo a ser libre.
Ti sabes ben que eu non son o teu futuro. Pero ti eres demasiado egoísta para invertir tempo e esforzo nun camiño que non sexa eu, o meu voto, a mina urna e o meu amor infiel e sádico.

Da túa indolencia, da túa desidia, do teu medo, do teu egoísmo, de ese rito estúpido e baleiro que repites con rutina, vivo eu.
Ti ilusiónate, vótame, quéixate, arrepíntete, chora a túa mala conciencia por ser @ únic@ culpable de que nada cambie.

Nas próximas eleizón repetimos, ¿sí, meu amor?

MANIFESTO Nº2

DECIDIR A POSTURA DIANTE DAS ELECCIÓNS QUE SISTEMÁNTICAME-TE NOS PLENTEXA O SISTEMA CAPITALISTA

PRIMEIRA OBVIEDADE:
Vivimos nun sistema capitalista. O que quere decir que é o sistema que a burguesía conseguiu impor para manterse no poder e organizar a sociedade según os seus intereses e as suas necesidades de clase.

SEGUNDA OBVIEDADE:
Ninguén, despois de conquerir o poder, crearía un sistema do que pudera sair a sua destrucción, que puxera en risco a sua vistoria.
Cando este risco de pérdida do poder é sentido como posible, a burguesía utiliza o seu último recurso para manterse no poder: a implantación dun réximen fascista que é a outra cara indisoluble da “democracia burguesa”.
Antes de perder o poder suspende as libertades aparentes coas que goberna. O fascismo ven ser o rostro real do poder burgués. A “democracia burguesa” só é a careta coa que esa mesma burguesía actúa para enganar, dividir e ter entretida ao sua clase enemiga. A careta “democrática” será mais fermosa canto máis segura esté a burguesía no poder, e será máis terrorífica canto máis ameazada se sinta de perder o poder.
O que leva ao razoamento de que NUNCA deixarán o poder pacificamente, que nunca se poderá conquerir un cambeo de sistema sen que se vexan absolutamente forzados a facelo.

TERCEIRA OBVIEDADE:
hai duas clases antagónicas, duas clases que necesitan someter ao seu enemigo para realizar o seu proxecto. Os intereses da clase obreira son antagónicos dos da burguesía. NON SON RECONCIABLES NIN O SERÁN NUNCA. Todos os “regalos” en forma de aparentes libertades civís cos que a burguesía dulcifica o seu sistema nalgunha zoas do planeta é simplemete que chegou o convencimento de que en determinado tipo de sociedades avanzadas pode exercer asi o seu poder dunha forma máis “limpa” e máis productiva. Pero isto nunca conseguirá cambear o feito de que a riqueza que acumula a burguesía sae indefectibelmente da usurpación de parte da riqueza xenerada polos traballadores.
Si hai paz aparente entre os roubados e os que rouban é só porque a clase sometida (a clase roubada, a clase obreira) acepta ese sumetemento por medios coercitivos, o porque lle fan crer que o benestar de que disfrutan os colma.

O xeito en que a burguesía, o capitalismo, organiza a participación da sociedade na política é isto que chaman “la fiesta de la democracia”, as elecións nas “democracias burguesas”.
Para eles este é o mellor dos sitemas, porque o mellor dos sistemas é o que permite conquerir o poder, e manterse no poder.

PARA A CLASE OBREIRA ESTE É O PEOR DOS SISTEMAS PORQUE IMPOSIBILITA QUE ESTA CONQUIRA O PODER, MANTEN NEL AO SEU ENEMIGO IRRECONCILAIBEL, E NON RESOLVE A INXUSTICIA DE QUE NON RECIBA A TOTALIDADE DOS BENEFICIOS DO SEU TRABALLO.

E inda que o repitan até a saciedade non é certo que o “sistema democrático burgués” sexa o único, e menos inda o mellor, nen siquer o menos malo dos sistemas posibles.
É certo que noutros sistemas cometéronse aberracións pero no haber das chamadas democracias burguesas están os mais grandes xenocidios da historia da humanidade.
¿Cantos millóns de mortos na África coloniza por rexímenes “democráticos” europeos? ¿E en Asia e America latina? ¿Non foron Hitler e Musolini productos das democracias burguesas? ¿E os bombardeos nucleares sobre a poboación civil de Hiroshima e Nagasaki non foron cometidos por unha democracia burguesa? ¿ E todos os rexímenes que condean a morrer de fame aos seus pobos en África e America latina non son democracias burguesas? O deterioro irreversibel do medio ambiente, o cambio climático, a desaparicións das especies etc. ¿non son “conquistas” case que exclusivas do capitalismo? NINGUÉN, EN NINGÚN PAIS DO MUNDO, E EN NEHGUHA SITUACIÓN, PODE PARTICIPAR EN NENHGUHA DAS FORMAS CON NENGUHA DAS VARIANTES DAS DEMOCRACIAS BURGUESAS, E LOGO PRETENDER FACELO EN NOME DA CLASE SOMETIDA, EN NOME DO BEN COMÚN, EN NOME DA VIDA.


¿CÓMO É POSIBLE QUE PAREZA QUE HAI PAZ ENTRE DÚAS CLASES IRRECONCILIABLES?

1º Desenrolando una propaganda ideolóxica tendente a ocultar esa realidade, negando esa loita, negando ese antagonismo. “El sistema de clases es algo que está superado”, “Potenciar el resentimiento entre favorecidos y desfavorecidos nos lleva a la catástrofe” , “El rencor entre pobres y ricos nos conduce al desastre” etc.

2º Suavizando o sometimento da clase vencida: melloras nos sitemas de explotación, melloras nas condicións de vida, reduccións de horarios, melloras sanitarias, aumento do poder adquisitivo, etc

3º Rachar en mil anacos a súa clase antagónica, a clase obreira. Desestructurala, organizando o traballo en unha gama infinita de condicións que provoca unha gama infinita de revindicacións (divide e vencerás) para que, no caso de conflicto este poida ser fácilmente localizado, erradicado, e sexa imposible a súa extensión solidaria.

4º Utilización do que poderíamos chamar o “elemento cipaio” ou quinta columna. A burguesía invirte inxentes sumas de diñeiro en pagar, subvencionar e comprar a organizacións e partidos que disfrazados de obreiros e que din defender os intereses dos obreiros, e que en realidade sirven de controladores e de desmovilizadores da clase obreira.

QUEN LLES PAGA, QUEN OS SUBVENCIONA, É QUEN REALEMNETE É O SEU DONO.

Centos de sindicatos, partidos, organizacións, centos de miles de burócratas cobran e viven a conta das subvencións que o sistema lles paga para APARENTEMENTE loitar contra el. Son o enemigo na casa, e cobran por infiltrarse, entre nos, por controlarnos dende dentro, por desmovilizarnos cando o cabreo nos empuxa a loitar, e por reconducirnos ao rego si a pesar do medo, da policía, das súas leises e de eles memos conseguimos parar, sair, e loitar. Cobran por iso, viven de traicionarnos. Dende o segredario xeral de calquer sindicato, até o último liberado, dende o diputado até o último funcionario de calquer organización.

HAI QUE SITUAR DUNHA VEZ POR TODAS, A TODOS OS PARTIDOS E A TODOS OS SINDICATOS NO BANDO NO QUE A SÚA PRÁCTICA POLÍTICA OS SITÚA.
QUEN LLES PAGA, É A QUEN NA REALIDADE DEFENDEN.


¿Cómo é posible que partidos e sindicatos constituidos para derrotar ao sistema se inscriban no rexistro que ese sistema ten, esperando que eses mismo sistema ao que hai que destruir lles de a bendición legalizándoos?
¿Ou é que en ralidade non se pretende derrotar ao sistema senon reforzalo?
Ou o que é peor ¿preténdese creer que o sistema e tan idiota como para legalizar a quen tenta darlle morte?
Unha de dúas: ou é mentira que queiran destruir o sistema, ou creen en el. Esa e unha loita para “imbéciles e oscuros” pois a ninguén no seu san xuicio se lle pode ocurrir ir ao enemigo a preguntarlle si che da o visto bó para que intentes eliminalo, ou que regale parte dos seus beneficios.

5º Utilización de elementos de alienación masiva: medios de comunicación (prensa, TV, radio, cine etc.).
Utilizados cada vez dun xeito mais abafante e máis alienante. Son hoxe un elemento clave para conquerir un letargo case que total da sociedade.
É fácil manter sometido a un enemigo totalmente idiotizado, embrutecido e alucinado.
Hay que sinalar que non hay inocentes entre quenes traballan nestes medios de comunicación-alienanción sen loitar contra da manipulación que supoñen.
OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN BURGUESES SON ENEMIGOS OBXETIVOS DA CLASE OBREIRA. NON EXISTEN ESCEPCIÓNS A ESTA REGLA. O PERIDODISTA CON CONCIENCIA DE CLASE TEN UNHA RESPONSABILIDADE MOI ESPECIAL NA LOITA CONTRA A MAIPILACIÓN QUE ESTA BRUTAL MAQUINARIA CONLEVA.

6º Un impresionante aparato coercitivo formado por policía, exército, tribunais, cadeas, spiquiátricos... Son os xeitos clásicos de dominación. E son tamén a proba máis evidente do fracaso de seu sistema, pois un sistema bo non precisaría de un aparato tan xigantesco e brutal para mantelo e defendelo.

7º Un sistema educativo planificado para (de)formar un tipo de ciudadán determinado, o individuo que necesitan para a sociedade que necesitan.
A FORMACIÓN-DEFORMACIÓN que se imparte nos centros de estudio, que a clase dominante impón, é sinxelamente aberrante; pero cumple coa necesidade que a clase dominante ten.
ESTÁ DE-SENSEÑANZA ESTÁ IMPARTIDA POR MILLEIROS DE FUNCIONARIOS–ENSINANTES PAGADOS POLO SISTEMA BURGUÉS PARA REALIZAR UN TRABALLO QUE PARA ELES É VITAL E QUE PARA NOS, É VITAL DESTRUIR.

8º Mecanismo de desviación.

Calquer actividade política deberá estar encauzada a conquerir a destrucción deste sistema antes de que el destrua a humanidade e a natureza.


ESTA É UNHA LOITA IRREDUCTIBLE, TOTAL E ENTODOS OS FRENTES. NON HAI MEDIAS TINTAS: OU SE TEN O PODER OU SE SOFRE O PODER.

Algúns destes frentes son aparentes, espellismos que a burguesía, ou os seus acólitos, nos crean para desviarnos da batalla fundamental.
Centos de organizacións, de ONGs etc tratando de parchear as infinitas desfeitas dun sistema que para sobrevivir necesita someter a natureza e ao home a una explotación cada vez mais brutal. Ou hai unha alternativa única e global ou non estaremos máis que perpetuando un sistema emtolecido que prefire a destucción total antes que deixar de ter beneficios.

A LOITA POLO RECOÑECIMENTO DOS DEREITOS NACIONAIS DAS NACIÓNS SEN ESTADO.
A loita nacionalista encerra o peligro de deixar de ser un medio para convertirse nun fin, de colocarse por riba da loita de clases.
Burgueses e proletarios xuntos para conquerir unha patria, en loita contra burgueses e proletario xuntos de outra patria; partidos que se reclaman de esquerda potenciando a aparición e organización dun nacionalismo burgués; organizacións frentistas nas que convive a dereita mais reaccionaria coa “esquerda extrema”... todo vale nunha loita que a mayoría das veces esquece que, como con todos os problemas xenerado polo capitalismo, ou hay unha solución de clase, ou non hai solución.
O loitar por un estado propio deber ser considerado ÚNICAMENTE DENDE A PRESPECTIVA DE SI ESA LOITA BENEFICIA Á LOITA CONTRA O SISTEMA, CONTRA A BURGUESÍA. CONQUERIR UNHA PATRIA OU NON, TERÁ QUE ESTAR SEMPRE EN FUNCIÓN DE QUE A CLASE OBREIRA QUEDE EN MELLOR OU PEOR POSICIÓN CARA A CONQUISTA DO PODER.

Mentra coincidan a loita pola patria e a loita pola conquista do poder pola clase o loitaremos tamén pola patria.
Mentras poidamos utilizar a loita pola patria para debilitar ao enemigo de clase loitaremos tamén pola patria.
Mentras poidamos manter a loita pola patria só e exclusivamente con traballadores; loitaremos tamén pola patria.
Mentras non se esqueza que un burgués da miña patria é un enemigo e un traballador doutra patria e meu autentico compatriota, loitaremos tamén pola patria.
Mentras non esquezamos que a nosa verdadeira patria está en calquer lugar do mundo onde viva un traballador e que a nosa patria e un mundo sen fronteiras, loitaremos tamén pola patria.
Se non é nestas condicións a loita nacionalista convirtese nunha loita negativa.
O que non serve para destruir o sistema indefectiblemente , reforzao.

9º Os falsos rituais de participación ciudadana: As ELECCIÓNS



As eleccións son o que eles chaman “o pilar do sistema democrático”.
Sobre ese rito periódico constrúese todo o seu ordenamento político. O sistema burgués conquire, con el, crear no pobo a suxestión de que está a participar na marcha e funcionamento de ese sistema.
Logra tamén abortar todo intento de intervención real do ciudadán na marcha e organización da sociedade, relegándoo ao acto valeiro de depositar cada catro anos nunha furna o nome de un indeseable disposto a vivir de representarnos.
Por outra banda reafirma o egoismo de delegar as responsabilidades persoais en funcionarios políticos pagados polo noso enemigo de clase.
Sempre xogan no seu terreo, cun reglamento feito por eles e co árbitro comprado. Nas rarísimas ocasións que se lle consigue meter un gol, dalles ogoal, pois saben que nunca perderán o partido. E, nas máis rarísimas, nas que cren que poden perder paran o partido, como na España do 36 ou no Chile do 73,
Até cando perden, só teñen que sentarse a esperar que o individualismo e o egoismo humano afloren de novo e volte a aparecer o mercado, a propiedade e a desigualdade. Inda que tras ela veñan a miseria, a brutalidade e a explotación. Como está a suceder en Vietnam, China ou Cuba.
Gañan porque se apoian no máis oscuro e negativo do home. Só teñen que deixar medrar, fomentar e potenciar as tendencias máis despiadadas, bárbaras e primitivas que están na xenética do ser humán.
As eleccións nas democracias burguesas desvían a loita de clases cara a loita entre partidos da misma clase.
Consiguen que o enfrentamento entre clase obreira e burguesía se esqueza para que nos centremos en elexir entre os distintos programas que as destintas correntes da burguesía teñen para que o seu poder sexa mais efectivo, productivo e estable.
Faille creer ao pobo que ten libertade de elexir e ser elegido.
A “domocracia burguesa” e o circo co que se entretén ao pobo mentras esa clase no poder se sente cómoda e segura. Cando se sente insegura, acabouse o circo e aparece o terror do fascismo.

¿Por qué hai partidos, organizacións e sindicatos que chamándose de clase (obreira), (o que quere decir que foron creados para destruir a burguesía) participan nesa mascarada seudodemocrática vital para que a burguesía se manteña no poder?

- Se foron creados para debilitar e vencer ao captalismo e hoxe o están a reforzar quere decir que nalgún momento da su historia cambiaron de obxetivo e de clase.

- Síntense cómodos no sistema pois a burguesía os mima e subvenciona.
Hoxe son una peza máis do sistema, están dentro do sistema, son sistema, e por tanto son o enemigo, o noso peor enemigo polo seu rasgo cipaio.

¿Por qué hai partidos, organizacións e sindicatos que mantendo sinceiramente o obxetivo de destruir o sistema participan nas eleccións pseudodemocráticas que o sistema plantexa SEMPRE PARA REFORZARSE?

- Foron creados para vencer e destruir ao sistema pero a súa debilidade e a súa impotencia para conquerir o seu obxetivo lévaos a alucinación de creer que introdicíndose no sistema e utilizando certas, APARENTES, contradicións deste, poderanno destruir ou modificar dende dentro.

- De todas as posturas ante as “eleccións democrático burguesas” esta é a máis, estúpida, absurda, masoquista, alucinada, incoherente e desmovilizadora.
Sen crer no sistema participan no seu rito máis falso e fundamental.
Sen creer nos seus medios de comunicación tratan de usalos no medio dun marasmo inmenso de mentiras e manipulacións.
Sen ter mais que catro céntimos pegan carteis no medio de campañas de propaganda nas que se invirten millóns de euros.
- ¿Cómo poden crer que a burguesía é tan idiota?
É posibel que por un milagre de San Marx, utilizando un deses aparentes resquicios que o sistema deixa valeiro, conqueriran chagar a un parlamento ou a un concello, iban a poder destruir o sistema dende dentro, ou dende dentro poder desenmascarar un sistema que eles, COA SÚA PARTICIPACIÓN NEL, AXUDAN A MASCARAR E PRESTIXAR.
Darían pena se no fora porque por ignorancia ou loucura participen na festa da burguesía como devirte monas.

Todo o que non sexa loitar só coa clase obreira dende fora dos sistema, é potenciar o sistema burgués.
E xa de xogar o posibilismo dentro do sistema ¿ónde parar? ¿ou por qué parar?
Unha vez dado o primeriro paso polo camiño do sistema todo conducirá a máis sistema, e alonxaranos maís da súa derrota.

¿CAL É A VIA?
Partir de cero. Buscar outro camiño. Valeirar as maletas, enchelas de novo eliminando, sen contemplacións, todo aquilo que se demostrou inútil. Buscar novas prendas, novas armas, novos libros. E de novo porse a andar un camiño non transitado, pois o que nos truxo até aquí móstrase inútil e inoperante.
Isto supón pararse, analizar, pensar sen prexuicio algún, ser máis intelixentes que eles, e actuar.
Despois si o éxito acompaña, ben; e se non, outra vez a comenzar de novo.
Mentras a meta esté crara non hai problema. Un mundo novo, onde todos os homes sexan iguais, e a vida igual de plena sexa para todos, no que entre o meu e o teu non existan diferencias, no que todo sexa común: o que nos regale a terra e o que nos regale o esforzo humán.A os que comencen este camiño, boa viaxe e a nosa compaña. Aos que vaian polo do noso enemigo que cada paso se lles convirta en fel.