Friday, June 08, 2007

MANIFESTO Nº 5: ELEIZÓNS / ABSTENCIÓN

ELEIZÓNS:
¿TODOS GAÑARON?
NON.
TODOS PERDERON.


“LA FIESTA DE LA DEMOCRACIA” DEBEU REPARTIR GRATUITAMENTE BURBON DE GARRAFÓN. SÓ DESDE UNHA ADULTERADA BORRACHEIRA SE PODE ENTENDER AS ANÁLISE TAN RIGUROSAS FEITAS POLOS PARTIDOS, CANDIDATOS E AFILIADOS.

ALGÚNS EXEMPLOS.
O PP perde as comunidades de Navarra e Baleares, perde todas as grandes cidades de Galiza e vinte capitales do resto do estado, perde a alcaldía de Vitoria, baixa en Euskadi... pero aferrado aos 150.000 votos extras que Gallardón lle consegue en Madrid, declárese exultante vencedor.

O PSOE ten que pactar case que todas as alcaldías, afúndese en Madrid, e tamén se declárase exultante vencedor.

O BNG segue a súa curva descendente. A pesares do seu globo, das suas azafatas-floreiro vestidas de convención yanki que repartían xelados e bolígrafos, camisetas e sonrrisos comprados, perde só en Vigo 11.000 votos (cousa que ven a dicer de a quen culpou realmente o electorado da ruptura do bipartito que permitiu que PPorro estivera 3 anos de alcaldesa), queda relegado a 5 ª forza política en Ferrol, ve como á súa esquerda resucita ESQUERDA UNIDA. E a próxima convocatoria electoral serán as Xerais onde o BNG ten o seu pior escenario.
Pero ante esta persistinten desfeita o Señor Quintana di que están flipados porque van ter alcaldesas e declárase tamén exultante vencedor.

A FPG consigue 549 votos en Vigo e declárase exultante vencedor

VIGO DE ESQUERDAS ( ex militantes do BNG, NÓS-UP, UNIDADE DE ESQUERDA GALEGA, PCPE, sindicalistas da CIG etc.) consiguen 313 votos e declárase exultante...
“nos vindeiros días adoptarán unha decisóm a respeito do seu futuro”
Impresionante a súa sagacidade. A mesma impresionante capacidade de análise que tiveron para ver que dentro do sistema tiñan un sitiño. Tan cívico-domocráticos eles, ¡que paveros! Non foron capaces nen de convencer aos seus familiares e amigos.

“É de tolos, meu amor..”

Con victorias como estas para que queredes dorrotas.
A ABTENCIÓN FOI A OPCIÓN POLÍTICA GAÑADORA DAS ÚLTIMAS ELEIZÓNS


ABSTENCIÓN EN GALIZA ............................................37 %
ABSTENCIÓN NO ESTADO ESPAÑOL.........................36,2%
ABSTENCIÓN EN VIGO..................................................39,35%
ABSTENCIÓN EN FERROL..............................................45%

PP......................................................................................33,11%
PSdeG................................................................................34,96%
IU.......................................................................................5,51%
CIU.....................................................................................3,29%

VOTOS EN BRANCO EN VIGO..............3.150...............2.07 %
VOTOS NULOS EN VIGO....................... 1.336...............0,88 %
VOTOS DE EU-IU EN VIGO....................2.403..............1.59 %
VOTOS DA FPG EN VIGO.......................549.................0,36 %
VOTOS “VIGO DE ESQUERDAS”............313.................0.21%

En Vigo, se sumamos a abstención, os votos nulos e os votos en branco, temos un 42,30 % que de distintas formas están a acusar de inservible esta democracia.

A abstención é unha postura pólitica, quizáis a máis política, ante as eleccións.

É unha manipulación e unha estúpida falacia o plantexar que a abstención e unha postura mantida por vagos, apolíticos, e desinteresados polo ben común e polos acontecimentos da historia e da sociedade.

Os de “la fiesta de la democracia” empéñanse en convencernos todos a coro de que participemos, en atacar a coro ao enemigo contra o que todos se unen: A ABSTENCIÓN.
¿Por qué será que niso coinciden todos? Ahí saen das urnas todos eses líderes carismáticos, co seu falso sorriso, todos, benegasppspsoesius... todos co de “la fiesta de la democracia” e “lo importante es que todos vayan a votar”. Patéticos.

A súa alerxia a abstención é porque saben que é a única arma capaz de desmontarlle o chiringuito.
Prefiren as bombas de ETA ou os atentandos dos islamistas, porque pensan que esa violencia únelles ao pobo en torno a eles como un rebaño de ovellas se une detrás dun pastor cando teñen medo.
Pero a abstención socaba os pilares mesmos da sua falsa democarcia dunha forma pacífica, silenciosa e invencibel.
Non saben como atallala, non teñen armas contra dela.
Aumentan dunha forma escandalosa os presupostos para as campañas eleitorais que cada vez se sofistican máis a nivel tecnolóxico e empréganse as mais avanzadas tácticas de control piscolóxico.
Quitan en procesión a unha infinita caterva de monicreques-líderes dando mitins aquí e alí, inagurando fumo, bicando nenos, soliviantando bandeiriñas en prazas de touros, pabellóns de deportes, estadios de fútbol, puticlús... ¡A nai que os botou!
Pero nada, nen con miles de millóns de euros, nen con alardes de masas, nen con miles de horas de TV., nen con millons de xornais, millóns de cartaces, vallas, banderolas, nen con globos aerostáticos... nada, CÁSE QUE A METADE DO CENSO ELEITORAL NÉGASE A PARTICIPAR NA “FIESTA DE LA DEMOCRACIA”.
Despois buscan escusas peregrinas do tipo, “facía mal tempo”, “facía bó tempo”, “o eleitorado está canso”, “non fomos capaces de motivar as ilusións”... despois din que “o pobo é sabio” e ¿o pobo que non vota (case que a metade do censo) é sabio?
¿Son as ovellas descarriadas do sistema?
¿Nolle parecen demasiadas?
¿Cómo é posible que se queira ningunear e insultar a esa case que metade do eleitorado que é capaz de pensar por si mesmo, que é capaz de seguir tendo un proceso de raciocinio a pesares de esas sofocantes e alienantes campañas-bombardeo pensadas para non deixar pensar, despregadas para ofuscar, montadas para remexer as vísceras e non a intelixencia ?
Pódese argumentar que non toda a abstención representa unha postura política, pero ¿quén é capaz de afirmar que todo votante vai á urna porque leu os programas de todo os partidos e logo duhna reflexión intelixente, serea e política decidiu o seu voto?
Sen dúbida a porcentaxe de despolitización é maior no bando dos votantes que no dos abstencionistas. Porque unha vez que a mostruosa maquinaria eleitoral se pon en marcha fai falla ter politicamente as cousas máis craras para non votar que para votar, é máis difícil ir contra corrente que se deixar arrastrar por ese río de políticas fecais que conduce ás urnas.

É polo que nos parece especialmente patética, estúpida, rídícula, inútil e desmovilizadora a posturas deses partidiños que se reclaman de extrema esquerda, de extremo antisistema, de extremo independentismo que se poñen a xogar ao xogo infecto dunha democracia burguesa cada vez máis desprestixiada, da que cada vez se afastan máis cidadáns. En vez de se quedar no bando dos non votantes conscentes, en fronte do sistema, fóra do sistema, desenmascarando ao sistema, póñense a xogar nel. E todo para facer o ridículo levando 313 votos ou 549.

Dentro deses millóns de abstencionistas están centos de miles de opcións antisistema,


A ABSTENCIÓN É A LUZ DE ALARMA DO SISTEMA. ESA LUZ VERMELLA QUE llLLE ESTÁ A DICER QUE A MAQUINARIA NON FUNCIONA, QUE MILLÓNS DE CIDADÁNS NON SE SINTEN IDENTIFICADOS, IMPLICADOS OU ILUSIONADOS CON ESTA DEMOCRACIA.

ELES SÁBENO, E POR ISO TODOS ELES COINCIDEN EN VER A ABSTENCIÓN COMO O SEU PIOR NEMIGO.

DARLLE FORMA E CONTIDO, DARLLE IMAXE E DIRECCIÓN, A ABSTENCIÓN É FUNDAMENTAL PARA OS SECTORES QUE SE SITÚAN ANTE O SISTEMA.

HAI QUE ORGANIZAR A ABSTENCIÓN DUNHA FORMA ESTABLE E CONTINUADA. DOTALA DE ACTIVIDADE NOS PERIODOS ENTRE AS CONVOCATORIAS.

HAI QUE CRIAR ASAMBLEAS ESTABLES NAS QUE ESTÉAN TODOS OS CIDADÁNS E AORGANIZACIÓNS QUE SE POSICIONEN DUNHA FORMA CLARA E NÍTIDA POR NON PARTICIPAR EN NINGUHNA DAS CONVOCATORIAS DESTA DEMOCRACIA.

2 Comments:

Anonymous Anonymous said...

Penso que a abstención ten que ser considerada como un acto de rebeldía, como un acto de resistencia. Polo menos un gran sector de esa nagativa a participar ten claro que está a facer o contrario do que se lle pide insistentemente que faga. Con tanto persoeiro, famoso e tertuliano presionando para que votemos, muitos de aqueles que non o facemos convertimos o non votar en un sabotaxe en toda regla á esta democracia tan hipócrita.

R.N.

10/6/07 13:07  
Anonymous Anonymous said...

Definitivamente a abstención xeneralizada é a luz de alarma para o sistema, ao mesmo tempo que debería ser o comenzo de unha nova escena para os movimentos de esquerda. Este podería ser un ponto de partida válido: a non participación nos enganos de esta " democracia". Non ás eleizóns manipuladas: nen sindicais, nen políticas. Non ás confusións capitalistas. Non ao sistema en nengunha das súas formas.
Eu tampouco votei, meus amores.

11/6/07 20:09  

Post a Comment

<< Home