MANIFESTO Nº 3
A NAI QUE OS VOTOU!!!!
ELEIZÓNS ¿A QUÉ?
-TANTO TEN
Un povo crendo nos contos de amor, fermosos contos de amor.
“Viviremos felices”, “amareite sempre”, “entregareime a ti”, “eu serei o teu sustento”, “serei o teu apoio, no bó e no malo, na adversidade e na bonanza, no traballo e na xubilación”. “Curareite na enfermedade” “daraeche cobixo”, “encherei a túa mesa”, “educarei aos teus fillos”, “terás paz e xustiza”.
“Cásate comigo, vótate comigo, “úrnate conmigo”, “vótame”, “ámame”, “apóiame”, “poténciame”, “viágrame”, “concéllame”, “parlaméntame”, “alcáldame”, “minístrame”, “burócratame”, “págame un soldo vitalicio”
¿Votáchesme, amor?
¿Abríchesme a túa urna para meter o meu voto?
Agora date a volta que vas ver por onde che meto as promesas que che fixen.
Ahí te quedas, traballando para min, chorando as miñas mentiras, maldecindo a túa fe. Xurando que nunca máis me crerás, me amarás, me votarás, me alcaldearás, me pagarás.
Pero dentro de catro anos volverás crerme, volverás amarme, volverás votarme, volverás chorarme cando volva enganarte.
Porque eres imbécil. Porque cres que eu son a túa salvación e non a túa desgracia. Porque pago moito diñeiro a homes moi listos para que te seduzan coas miñas mentiras.
Sábelo. Enganareite cando queira, as veces que queira.
Nunca aprenderás.
Só sirves para chorar e ser enganad@.
Es tont@. Indolente.
Porque no fondo sabes que eu non son a túa salvación. Pero tes medo a ser libre.
Ti sabes ben que eu non son o teu futuro. Pero ti eres demasiado egoísta para invertir tempo e esforzo nun camiño que non sexa eu, o meu voto, a mina urna e o meu amor infiel e sádico.
Da túa indolencia, da túa desidia, do teu medo, do teu egoísmo, de ese rito estúpido e baleiro que repites con rutina, vivo eu.
Ti ilusiónate, vótame, quéixate, arrepíntete, chora a túa mala conciencia por ser @ únic@ culpable de que nada cambie.
Nas próximas eleizón repetimos, ¿sí, meu amor?


5 Comments:
Non acabo de entendelo. ¿Qué gañamos renunciando a un dos poucos dereitos que temos? ¿Exactamente cal é a vosa proposta? ¿É un problema de pureza?
O dereito do voto (conquistado á forza) supuxo no seu momento un "avance", xustamente porque era un dereito de XUSTIZA SOCIAL. Non por botar un papel nunha caixa, non por realizarte como votante, senón porque era, ou máis ben quería ser, un método de control e decisión por parte dos cidadáns. A estas alturas, xa non creo que ninguén poida crer en serio que forma parte das decisións que toma o seu estado, país, concello..., ou partido. Xa me dirás en que consiste ese "dereito". ¿A quen beneficia o teu voto ignorado, o teu dereito inútil?
Creo que o "dereito" do que falades, non é tal dereito, como moito é unha opción. Igual que é unha opción que vos importe un carallo que o túa viciña viva na rúa, que morran centos de obreiros no seu asqueroso curro cada ano, que a túa vida estea marcada desde que naces por unha hipoteca (ou varias), ou que a perda dos valores máis básicos poida facer do teu fillo un maltratador en potencia e á túa filla ter medo a ir soa pola rúa. ¿Demagoxia? Non, capital.
Por non falar dos millóns de persoas "elexidas" para ser pobres, pobres de verdade, durante toda a súa vida; ou os centos de nenos mortos cada día por non ter que comer; ou da desfeita ecolóxica; ou das guerras deseñadas para que sempre morran os mesmos... ¿Demagoxia? Pois tampouco, meus.
Aquí non hai solucións intermedias. O voso voto mantén un sistema. Calquera opción, calquera que votedes, participa, consinte e vive dese sistema: ¿quen cuida deses partidos, quen os subvenciona? Pois un sistema que, evidentemente, non permitiría nin pagaría un peso a ninguén que o quixera derrubar. Pois ben, ese sistema chámase capitalismo. O señor capitalismo aliméntase de todas estas situacións. Impórtalle a el tamén un carallo, é a súa opción. Pero nunca será o seu dereito. Ninguén ten dereito a consentir nin colaborar en todo isto.
Eu o que non acabo de entender é como a estas alturas alguén pode crer que as eleccións son un dereiro que temos. As elecións son o circo que o sistema monta cada catro anos para que creamos que temos un dereito. Cousa moi distinta de un dereiro real. ¿De qué se trata?¿de votar?. Pois que nos pregunten si queremos exército, si queremos unha monarquía, se queremos elexir a quenes teñen o verdadeiro poder: presidentes dos bancos, xerarquías da Igrexa, xuices do tribunal constitucional. Que nos pregunten si queremos que a banca non conceda créditos incobrables aos partidos que sempre gañan, si queremos que o presuposto da casa real se invirta nos 8.000.000 de pobres que hai no estado español. Pero ao noso "resposable cidadán" Breixo estas preguntas impórtanlle un carallo. A pesares de que sabe que nunca terá a opción de votalas; el o que quere é ir a urna a votar polo PSOE,BLOQUE ou PP (outra posibilidade real non ten) porque ese é "un dos poucos deireiros que temos". Dios che conserve a vista. Por certo, non sei porque participas nunha "democracia" que che ofrece somentes "uns poucos dereitos"
A opción é clara: SENTIRSE PARTE DO SISTEMA E DEFENDER OS SEUS ESTÚPIDOS, HIPÓCRITAS E VALEIROS RITUAIS FALSAMENTE PARTICIPATIVOS
ou LOITAR CONTRA O SISTMA DESENMASCARANDO A SÚA HIPOCRESÍA, A SÚA BRUTALIDADE, A SÚA INOPERANCIA E AS LACRAS DE GUERRA, FAME, DESTRCCIÓN DO MEDIO, ENTOLECIDA FORMA DE VIDA ETC.
Coas elecións do sistema só se cambian as marionetas dun xogo macabro, nunca se reamta co xogo.
Esa é unha posible proposta.
Outra é a de loitar para que inxenuos cidadán como Breixo deixen de estar alienados e utilicen as neuronas para facer algún tipo de analise que non sexa o de crer a preclaros intelectuais como Zapatero, Quintana ou Rajoy.
¿Cuestión de pureza? Non. Cuestión de xusticia e intelixencia.
David F.
Ben, agora que a abstención foi a opción elexida pola maioría dos electores ¿qué conclusión se quita?
¿Haberá que dicer que todos os non votantes son un fato de vagos, despreocupados, marxinais, despolitizados etc.?
¿Hai alguén que pense que todos os que votan son un modelo de concencia, politización, formación, interés social e compromiso cidadán?
Penso que a opción da abstención é a mais politizada. O non velos diante dunha urna nunha ringleira chea de "marujas", monxas de clausura e papanatas militantes aprendices de burócrata; xa supón un plus de intelixencia. O que non queiran participar "en la fiesta de la democracía", é outro rasgo de intelixencia. Pero o que supón xa un acto de heroísmo combativo, é o feito de ser capaces de resistir esas inmensas, infames, mentirosas e plurimillonarias campañas electorais. O que non vota, é o sector máis concenciado, cambreado e crítico da sociedade.
Post a Comment
<< Home